O Concello da Coruña decide esta semana se hai ou non touradas na cidade. Asegura que unha empresa presentouse ao concurso, pero fontes do sector aseguran que non hai oferta ningunha.
Fálase
Wert admite que o Goberno central non sabe agora que facer coa contrarreforma do aborto e salienta que o proxecto non é só de Ruiz-Gallardón, senón de todo o gabinete de Rajoy. Recólleo El Diario
Aprazado o xuízo contra Alfon pola incomparecencia dos policías que o detiveron. Fiscalía e defensa aceptan adialo para o 25 de novembro.
O PP chama a desvincular o referendo escocés do futuro de Catalunya, que "pertence a España dende que existe"
Unha investigación con participación galega publicada en Nature revoluciona as teorías sobre a orixe dos europeos e europeas. Sinala que os e as poboadoras do continente viñeron de África, Oriente e Siberia, e racha coa teoría máis aceptada de só dúas orixes
Celébrase este xoves o xuízo contra Alfon, o mozo de Vallecas que se enfronta a cinco anos e seis meses de prisión por posesión de explosivos tras ser detido na folga xeral do 14-N. O acusado denuncia unha "montaxe policial" e é apoiado por moreas de colectivos e cidadáns.
El Diario repasa nun especial o máis destacado dos seus dous anos de vida e aborda, asemade, os seus retos de futuro.
O DOG publica este xoves o decreto de delimitación do Camiño Inglés a Santiago.
Portos accede a abrir o entorno do faro de Lariño (Carnota), unha das reivindicacións da platafoma Salvemos o Faro, que traballa para a cesión do edificio, hoxe abandonado, para o uso da veciñanza e do Concello.
Un xulgado de Vigo cita a Abel Caballero a un acto de conciliación a petición da Asociación Veciñal de Teis, polas inxurias que nun programa de televisión o rexedor dirixiu contra directivos da entidade. O alcalde, que recentemente privatizou a xestión do centro cívico do barrio, antes responsabilidade dos veciños, afirmou que a asociación empregaba os cartos "para asuntos particulares"