Comezan a saír nas redes sociais fotos das manifestacións a favor de Fernando Lugo, deposto hai unhas horas do cargo de Presidente do Paraguai polo Senado daquel país. As marchas de partidarios de Lugo multiplícanse polo país e chegan noticias dalgúns disturbios, con feridos e detidos. Esta imaxe mándaa @ndaporta e acusa de "parlachorros" (de parlamentarios + chorros, sinónimo coloquial de ladróns) os senadores que apoiaron a destitución do Presidente electo polo voto popular.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fe502c2ced03-lafoto.jpg)