Concelleiros de PP e TEGA visten a camisola da selección española no pleno de Vimianzo para criticar o apoio do alcalde, Manuel Antelo, ao dereito a decidir en Catalunya. Cóntao Que Pasa na Costa.
Fálase
O ministro de Xustiza sae na defensa das cargas policiais en Catalunya: "Vin máis acoso a policías que violencia de policías", di Rafael Catalá. Recólleo eldiario.es
Julia Vaquero, a mellor atleta galega da historia, enferma, sobrevive cunha pensión de 369 euros, conta telemariñas.com, que percorre coa deportista a exposición cos seus logros que acolle A Guarda.
Leiceaga volve pactar con Gonzalo Caballero e renuncia a ser secretario xeral do PSdeG. O vigués enfrontarase o vindeiro 8 de outubro a Juan Díaz Villoslada. Leiceaga e Caballero xa chegaran a un acordo nas primarias para a Presidencia da Xunta. A alianza será anunciada formalmente este luns en Santiago.
O xornal Pontevedra Viva celebra este domingo o seu quinto aniversario. O dixital pontevedrés, nado no mesmo ano que Praza Pública, foi consolidando o seu proxecto durante estes anos con novos proxectos como a súa propia emisora de radio.
Portugal vota este domingo nas súas eleccións municipais. O xornal Público está a ofrecer un seguimento ao vivo.
A poeta e xornalista Lara Dopazo gaña o XVII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño coa súa obra Claus e o alacrán. O xurado do certame, convocado polo Concello de Sarria, destaca para outorgar o galardón a "temática arriscacda da obra e unha voz diferente cun rexistro que apela ao sensorial" dende a "sinxeleza estética" que "condensa múltiples camadas de significados".
O Govern catalán rectifica e as roldas de prensa do 1-O volven ser en aberto, sen o pagamento de 10 euros á empresa Mediapro, propietaria do centro de prensa no que se desenvolven. Faino tras a protesta do Col·legi de Periodistes de Catalunya, á que se uniu o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Os principais equipos galegos de baloncesto regresan á competición esta fin de semana. O Obradoiro comeza a temporada da ACB este sábado ante o Zaragoza no Fontes do Sar. Na LEB a campaña inaugúrase co derbi Breogán-Ourense e o Básket Coruña enfróntase ao Sammic en Gipuzkoa. Na Liga Feminina 1 o Universitario Ferrol comeza ante o Mann Zaragoza.
- #1O Milleiros de persoas maniféstanse arestora en Santiago en apoio ao referendo catalán. Máis información, hoxe en Praza