En Marea denuncia a "intención do PP de dar máis privilexios ás eléctricas no sector eólico". Acusa os populares de "facilitar a expropiación e reduciros trámites ambientais e de autorización" tras unha visita aos terreos onde está previsto o megaparque eólico de Mouriños.
Fálase
Gonzalo Caballero carga contra Villoslada e aféalle que fose cargo no executivo de Fraga. "Non me convence queu o PSdeG poida estar liderado por subdirectores do goberno de Fraga", di nunha entrevista en Europa Press.
Avespas asiáticas acaban cun cento de colmeas na Estrada e os seus donos intentan salvar outras cen
Sete mulleres morren despois de que a Garda Civil "bloquease" a súa patera, segundo os superviventes. Unhas 27 persoas tiráronse ao mar fuxindo de axentes españois e marroquís.
O Lugo cae 0-1 na terceira xornada de Liga ante o Cádiz e continúa sen gañar no que vai de campionato de Liga.
Rajoy asegura que vai impedir o referendo catalán: "Ninguén vai liquidar a democracia española".
O PSOE coruñés levará á Xustiza o pleno de Coristanco que deu a alcaldía ao seu ex-edil. O partido asegura que a moción de censura incumpriu a lei de transfuguismo.
Ferroglobe gañou en Bolsa desde maio o triplo do que esperaba obter coas centrais galegas. Cóntao La Opinión.
Condenado un ex-conselleiro de Educación de Asturias a seis anos de cadea por prevaricación, fraude e suborno. Considérase probado que José Luis Riopedre (PSOE) que amañaba contratos a cambio de recibir comisións. Cóntao eldiario.es
Gandeiros de Ourense, obrigados a botar man dos depósitos de extinción de incendios para dar de beber aos animais por mor da seca. Recólleo Faro de Vigo