Unha enquisa publicada por La Vanguardia sitúa a suma de Ciudadanos e PP con maioría absoluta no Congreso, cos de Albert Rivera como primeira forza en votos e segunda en escanos. Os populares lograrían o 23,8% dos sufraxios, apenas un punto máis que o PSOE, e Unidos Podemos e as confluencias ficarían un chisco por baixo do 17%.
