O presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Miguel Ángel Cadenas, rexeita equiparar os delitos de incendios cos de terrorismo, como teima en pedir a Xunta. Afirmouno nunha entrevista coa axencia Europa Press que recolle Faro de Vigo.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Miguel Ángel Cadenas, rexeita equiparar os delitos de incendios cos de terrorismo, como teima en pedir a Xunta. Afirmouno nunha entrevista coa axencia Europa Press que recolle Faro de Vigo.
Falece Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego e membro correspondente da RAG. García Martínez desenvolveu numerosas investigacións no eido da arqueoloxía e da etnografía e colaborou coas principais institucións culturais do país. A súa capela ardente instalarase no propio Museo dende as 4 da tarde do domingo e o seu funeral será o luns, 19, ás cinco da tarde en Santa María de Figueiras (Santiago).
Resposta masiva ás manifestacións a prol das pensións públicas por toda Galicia. Consulta aquí o máis destacado das mobilizacións.
Nova xornada de mobilizacións a prol das pensións públicas. En Galicia o Movemento pola Defensa das Pensións Públicas convoca 17 protestas este mediodía.
Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de non aclarar por que e quen lle notificou a existencia das fotografías no iate de Marcial Dorado e critica a súa actitude coa prensa galega. "Está acurralado e sen capacidade de resposta", di o líder do PSdeG. Imaxes de @NosTelevisión.
Persoal de xustiza mobilízase nas cidades a poucos días dunha nova reunión coa Xunta, o vindeiro luns. Unha manifestación con ducias de vehículos en Vigo provoca retencións.
O alcalde de Baiona e a concelleira de Igualdade sofren un accidente de coche en Leiria (Portugal) cando viaxaban a Palos de la Frontera (Huelva), municipio co que o concello baionés está irmandado. Ángel Rodal saíu ileso e Carmen Paredes sufriu feridas leves, sinala o Concello.
O Goberno central atende a petición do PP de Lugo e organiza unha xura da bandeira de España na cidade. Os populares reclamaran que o Concello lucense organizase este evento militar e o goberno local instounos a dirirírense ao Executivo de Rajoy se o desexaban. Celebrarase o 26 de maio (Na imaxe, o anuncio dun destes actos celebrado na Coruña).
Suspendida a circulación de trens na liña Ourense-Monforte por "meteoroloxía adversa". Renfe informa ademais dun atraso de máis dunha hora do tren entre Barcelona e Vigo á altura do Bierzo e do envío por estrada dos pasaxeiros do Alvia que ía da Coruña a Barcelona entre Ourense e León, tamén por "meteoroloxía adversa".
O pleno de Santiago aproba a municipalización dos servizos de ORA e guindastre cos votos a prol de Compostela Aberta e BNG