O pleno de Santiago aproba a municipalización dos servizos de ORA e guindastre cos votos a prol de Compostela Aberta e BNG

O pleno de Santiago aproba a municipalización dos servizos de ORA e guindastre cos votos a prol de Compostela Aberta e BNG
O pleno do Congreso rexeita as emendas de PP e Ciudadanos para frear a derrogación da prisión permanente revisable, que segue adiante. Durante o debate, o PP instou os grupos contrarios a esta figura punitiva a ollar cara ás familias de persoas asasinadas, entre elas o pai de Diana Quer, antes de votar.
O Eixo Atlántico lanza hoxe na Coruña a súa axenda urbana, o primeiro documento transfronteirizo de colaboración entre concellos de toda a UE. O documento xa foi abordado o pasado ano no Congreso do Eixo, en Braga. O máis destacado da xornada, hoxe en Praza.
A CIG convoca este xoves unha nova xornada de mobilización na defensa das pensións públicas. As concentracións están convocadas ao mediodía na Coruña, Ferrol, Boiro e Cee e na tarde e o serán en Vigo, Santiago, Pontevedra, Lugo, Ourense, Burela, As Pontes e Lalín
Rei Zentolo pon á venda camisolas oficiais da serie Fariña, producida pola galega Bambú Producciones para Atresmedia e inspirada no libro do xornalista Nacho Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia, e anuncia que doará parte dos beneficios das vendas á Asociación Érguete, que traballa na axuda a persoas drogodependentes.
Cen catedráticas e catedráticos de Dereito Penal, entre eles catro das universidades galegas, lanzan un manifesto pola abolición da prisión permanente revisable, instaurada polo Goberno de Rajoy en 2015 e que parte da oposición no Congreso aposta por derrogar, mentres o PP defende ampliala. Pódese ler en eldiario.es
Rajoy rexeita subir as pensións segundo o IPC e anuncia medidas fiscais para os pensionistas.
A borrasca Gisele aproxímase xa a Galicia con intensas chuvias e vento. Meteogalicia prevé que os refachos máis fortes se produzan entre as 10:00 e as 13:00. Todo o país está en alerta laranxa ou amarela.
Falece aos 76 anos anos o astrofísico británico Stephen Hawking, figura clave na investigación científica no século XX e XXI en ámbitos como a pescuda dos buracos negros (Imaxe tirada do seu sitio web oficial).
Toda Galicia estará este mércores en alerta laranxa ou amarela polo temporal de vento e chuvia. A Consellería de Educación informa da suspensión das actividades ao aire libre nas áreas afectadas e novamente deixa nas mans da dirección de cada colexio ou instituto a posibilidade de "adoptar as decisións oportunas" se o risco dá en ser "superior ao declarado". A evolución do temporal pode ser observada nesta web.