Unha manifestación pon fin á convocatoria de folga xeral contra o xuízo aos líderes políticos independentistas celebrada este xoves en Catalunya. Malia non ser masiva, houbo problemas en estradas e vías de tren e uns 40 feridos leves.

Unha manifestación pon fin á convocatoria de folga xeral contra o xuízo aos líderes políticos independentistas celebrada este xoves en Catalunya. Malia non ser masiva, houbo problemas en estradas e vías de tren e uns 40 feridos leves.
A Xunta prevé que a prohibición da UE de vaixelas dun só uso se aplique en Galicia a partir do próximo ano. O Goberno galego inicia agora a tramitación dunha nova lei de residuos que se adapte á normativa comunitaria e que tamén obrigará aos establecementos de restauración a entregar á clientela as sobras non consumidas no local en envases sen plástico.
VÍDEO | A familia dunha anciá residente en Teo mobilízase para evitar que o Banco Santander a desafiuce. Nós TV recolle a mobilización na sede compostelá da entidade bancaria, na que os familiares contaron co apoio do alcalde teense, de membros da corporación compostelá e colectivos sociais da capital galega.
A Xunta encarga unha patrulleira de altura para o servizo de Gardacostas por 6,5 millóns. Substituirá á actual 'Paio Gómez Chariño', cedida polo Estado e que xunto con outros tres barcos vén sendo xestionada por unha empresa privada cun contrato prorrogado desde hai máis dunha década.
O senador do partido de extrema dereita Vox en representación do Parlamento de Andalucía impide no seu primeiro pleno no Senado aprobar unha declaración institucional contra a homofobia no deporte, toda vez que esta figura require unanimidade. O senador é Francisco José Alcaraz, ex-presidente da AVT e durante anos moi próximo ao PP.
O Vaticano escribe ao Goberno de España confirmar que "non se opón" á exhumación de Franco no Valle de los Caídos e reitera o "deber cívico" dos responsables eclesiásticos de atender a orde gobernamental. Cóntao eldiario.es Na imaxe, a vicepresidenta Calvo co secretario de Estado do Vaticano.
O alcalde da Coruña anuncia a municipalización das bibliotecas locais antes da fin deste mandato. A administración local asumirá a xestión da rede en mans de Eulen, tal e como prometera en 2016, "garantindo en todo momento o mantemento dos postos de traballo actuais".
VÍDEO | Calquera praia galega ten lixo orixinado en, cando menos, dez países diferentes. Por moi limpa que pareza a nosa praia, só hai que buscar un pouco para atopar centos de restos de plástico. Así o demostra este vídeo en Vinte en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.
Centos de traballadores das ambulancias reclaman en Compostela "un convenio xusto" e manteñen o conflito que levou á folga esta semana, que se reiniciará o 4 de marzo e pasará a indefinida de non haber un acordo antes.
O arquitecto carballiñés Manuel Gallego Jorreto obtén o Premio Nacional de Arquitectura que concede o Ministerio de Fomento. Entre a súa abondosa obra figura o Mercado de Santa Lucía ou o Museo de Belas Artes na Coruña, a residencia oficial de Monte Pío en Santiago ou o Museo da Conserva na Illa de Arousa. En 2008 a Xunta outorgáralle un dos Premios Nacionais da Cultura daquel ano. (Imaxe: Real Academia Galega de Belas Artes)