Ana Miranda participará no tramo final da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza. Será unha das catro mulleres de diferentes partes do Estado na tripulación, xunto á monxa catalá Teresa Forcades.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5580224ded4d5-11391496_10153460658213338_3861191166393637683_n.jpg)
Ana Miranda participará no tramo final da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza. Será unha das catro mulleres de diferentes partes do Estado na tripulación, xunto á monxa catalá Teresa Forcades.
A Estación Espacial Internacional poderá ser observada esta noite dende Galicia, tal e como apunta a Agrupación Astronómica Ío, da Coruña
O PSdeG confirma que proporá a Besteiro como senador por designación autonómica. O secretario xeral do partido substituirá a Paula Fernández na Cámara Alta tras a votación que se celebrará a vindeira semana no Parlamento.
A alcaldesa de Lugo anuncia un "principio de acordo" con Lugonovo para a integración no goberno local. A plataforma que encabeza Santiago Fernández Rocha someterá o posible pacto ao ditame da súa asemblea. Recólleo El Progreso
O Culturgal abre o prazo de presentación de propostas e solicitude de postos para a edición do 2015. Toda a información, na web da Feira das Industrias Culturais
Beatriz Figueroa reúnese nestes momentos coa Defensora do Pobo e é apoiada polo BNG na súa loita por unha maior protección laboral e social para os enfermos de cancro. Máis informacións, hoxe en Praza.
The Guardian analiza como "os alcaldes indignados" se "manteñen fieis ás súas raíces" no inicio dos mandatos e recolle a decisión dos rexedores da Coruña, Ferrol e Santiago a respecto de non acudir a actos relixiosos, incluíndo o artigo en Praza Pública no que Martiño Noriega detallou as súas razóns.
O Museo Provincial de Lugo acollerá este venres a presentación do número 100 da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro. No acto intervirá o director X. L. Méndez Ferrín, o editor Olegario Sotelo Blanco, e os membros do consello de redacción Rosa López e Darío Xohán Cabana.
O orzamento para investigación nas universidades caeu un 38% dende o inicio da crise, denuncia un informe presentado este luns pola Conferencia de Reitores de las Universidades Españolas (CRUE)
Marea Atlántica critica que o Goberno municipal de Negreira gastase ata xuño 21,1 millóns de euros máis do que ingresou