A Xunta desactiva o Plan Inungal para a vixilancia dos ríos por posibles desbordamentos logo de máis dun mes. Ningunha estación presenta risco tras varias semanas de abundantes chuvias.
A Xunta desactiva o Plan Inungal para a vixilancia dos ríos por posibles desbordamentos logo de máis dun mes. Ningunha estación presenta risco tras varias semanas de abundantes chuvias.
Grande Amore únese á reivindicación de Aquí tamén se fala polo topónimo oficial no Deportivo. A actuación do artista mariñao, adiada en xaneiro, tivo lugar este sábado na previa do partido do equipo coruñés.
O Goberno de España propón deixar sen publicidade estatal os medios que dependan do público por riba do 35%. A futura lei será de aplicación a comunidades e concellos pero non limita o fluxo de cartos destas administracións aos medios. O anteproxecto prevé deitar luz sobre o diñeiro público que nutre as empresas de comunicación.
Alfonso Rueda denuncia a vandalización do busto de Manuel Fraga en Vilalba. O presidente da Xunta acusa os autores de "non respectar os símbolos" nin o presidente "que conseguiu catro maiorías absolutas de todos os galegos". "Non respectan máis que o seu propio sectarismo", asegura nunha publicación en X.
IU, Comuns, Más Madrid e Sumar celebran en Madrid un acto para a refundación da súa alianza electoral. Baixo o lema Un paso al frente, ministros como Ernest Urtasun ou Mónica García ou o líder de Izquierda Unida, Antonio Maíllo, protagonizan un encontro apoiado polos secretarios xerais de CCOO e UGT e coa presenza de representantes de BIldu, ERC ou Compromís. "O novo sentido común é a unidade", advirten.
Centos de persoas manifestáronse este venres en Vigo pola gratuidade da AP-9 e a supresión das peaxes. "Basta xa! 40 anos pagando", rezaba o lema dunha marcha á que asistiron representantes de entidades veciñais da cidade e da comarca e do BNG e do PP, pero non do PSdeG. Foto: CC-BY-NC-SA BNG.
O parlamento de Venezuela aproba por unanimidade unha amnistía para presos políticos. A norma abrangue "faltas cometidas" durante diferentes episodios de crise política ocorridos entre 2002 e 2025. Foto: Asamblea Nacional de Venezuela.
Toda Galicia, sen avisos meteorolóxicos "de ningún tipo", confirma MeteoGalicia. A entrada do anticiclón trae consigo unha xornada de "pouco vento, tranquilidade no mar, sen chuvia persistente, sen chuvia intensa e sen neve". A estabilidade continuará durante toda a fin de semana e tamén o luns, con regreso das chuvias o martes, segundo a predición que se pode consultar completa nesta ligazón. Imaxe: [© MeteoGalicia]
A folga médica contra o estatuto marco obrigou a suspender case 600 cirurxías e unhas 23.000 consultas entre o luns e o mércores, segundo comunica o Sergas, que cifra o seguimento do paro nun 20% durante a quenda de mañá deste xoves. Foto: CC-BY-SA Simega.
Rufián concreta a súa proposta para as xerais: a candidatura da esquerda con máis "arraigo" en cada provincia para "quitar escanos a Vox". O voceiro de Esquerra no Congreso expúxoo nun acto en Madrid con Emilio Delgado (Más Madrid) onde se preguntou "que sentido ten que catorce esquerdas defendendo o mesmo nos presentemos no mesmo sitio". Crónica en infoLibre