O parlamento de Venezuela aproba por unanimidade unha amnistía para presos políticos. A norma abrangue "faltas cometidas" durante diferentes episodios de crise política ocorridos entre 2002 e 2025. Foto: Asamblea Nacional de Venezuela.
O parlamento de Venezuela aproba por unanimidade unha amnistía para presos políticos. A norma abrangue "faltas cometidas" durante diferentes episodios de crise política ocorridos entre 2002 e 2025. Foto: Asamblea Nacional de Venezuela.
Toda Galicia, sen avisos meteorolóxicos "de ningún tipo", confirma MeteoGalicia. A entrada do anticiclón trae consigo unha xornada de "pouco vento, tranquilidade no mar, sen chuvia persistente, sen chuvia intensa e sen neve". A estabilidade continuará durante toda a fin de semana e tamén o luns, con regreso das chuvias o martes, segundo a predición que se pode consultar completa nesta ligazón. Imaxe: [© MeteoGalicia]
A folga médica contra o estatuto marco obrigou a suspender case 600 cirurxías e unhas 23.000 consultas entre o luns e o mércores, segundo comunica o Sergas, que cifra o seguimento do paro nun 20% durante a quenda de mañá deste xoves. Foto: CC-BY-SA Simega.
Rufián concreta a súa proposta para as xerais: a candidatura da esquerda con máis "arraigo" en cada provincia para "quitar escanos a Vox". O voceiro de Esquerra no Congreso expúxoo nun acto en Madrid con Emilio Delgado (Más Madrid) onde se preguntou "que sentido ten que catorce esquerdas defendendo o mesmo nos presentemos no mesmo sitio". Crónica en infoLibre
A borrasca Pedro provocou o desvío de tres voos en Galicia e a suspensión do transporte de ría entre O Morrazo e Vigo tras refachos por riba dos 80km/h na maior parte de Galicia e de máis de 100 km/h no litoral e zonas altas. O paso deste novo temporal deixará o paso o venres a unha maior estabilidade e tempo anticiclónico.
A folga médica provocou en dous días a suspensión de 380 cirurxías e un total de 14.500 procesos asistenciais en Galicia, segundo asegura o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que lamentou a "pasividade" da ministra de Sanidade ante os paros. A Xunta cifra nun 17,7% o seguimento da folga na mañá deste mércores, unha porcentaxe que se eleva a case o 23% nos hospitais.
🟪🟧🟦 VINTE adianta en exclusiva unha escena da segunda longametraxe de Anxos Fazáns, As liñas descontinuas, que chega ás salas de cinema o 20 de febreiro tras estrearse na sección oficial da 29ª edición do Tallinn Black Nights Festival de Estonia e pasar polo Festival Internacional de Cinema de Xixón, o Rizoma de Madrid e o Novos Cinemas de Pontevedra, onde se proxectou por primeira vez en Galicia. O filme, finalista en once candidaturas nos Premios Mestre Mateo, ten este xoves a súa premiere nos cines Cantones da Coruña e o día da estrea, o venres 20, o seu equipo asistirá a un pase especial nos cines Tamberlick de Vigo.
Dimite o Director Adxunto Operativo da Policía Nacional tras ser denunciado por agresión sexual a outra axente do mesmo corpo. A querela interposta contra José Ángel González pide investigalo tamén por coaccións, lesións psíquicas e malversación. O xuíz que investiga o caso xa citou como investigado o ata agora alto mando policial, no posto dende 2018. [Imaxe: © Goberno de España]
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, afirma que na reunión do Comité de Flora e Fauna entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e as comunidades a súa postura a respecto da protección da anguía foi “defender ao sector desta proposta sen sentido do Goberno central” que, engadiu, “intenta prohibir a pesca” desta especie.
Villaverde informou de que Galicia, xunto a outras cinco comunidades autónomas, votou en contra da iniciativa presentada polo ministerio, que retirou a proposta e “decidiu crear un grupo de traballo para ter en conta todos os datos expostos”. [📸 Na imaxe, Marta Villaverde reunida con representantes da Asociación Profesional da Pesca e Comercialización da Anguía (Aproang) o 11 de febreiro © Xoán Crespo/Xunta]
Activada a alerta laranxa por temporal en todo o litoral galego este mércores. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeira hora da mañá no noroeste da Coruña, estendéndose ao mediodía ao resto da provincia e a Lugo, e xa pola tarde a Pontevedra.
[Foto: Xunta_arquivo]