🟪🟧🟦 VINTE adianta en exclusiva unha escena da segunda longametraxe de Anxos Fazáns, As liñas descontinuas, que chega ás salas de cinema o 20 de febreiro tras estrearse na sección oficial da 29ª edición do Tallinn Black Nights Festival de Estonia e pasar polo Festival Internacional de Cinema de Xixón, o Rizoma de Madrid e o Novos Cinemas de Pontevedra, onde se proxectou por primeira vez en Galicia. O filme, finalista en once candidaturas nos Premios Mestre Mateo, ten este xoves a súa premiere nos cines Cantones da Coruña e o día da estrea, o venres 20, o seu equipo asistirá a un pase especial nos cines Tamberlick de Vigo.