O restaurante compostelán A Tafona, de Lucía Freitas, incorpórase ao selecto club de establecementos recoñecidos con 3 Soles Guía Repsol. É un dos tres restaurantes de todo o Estado que este ano acceden á máxima cualificación e convértese ademais no terceiro galego que o consegue, uníndose a Casa Solla (Poio) e Culler de Pau (O Grove). Estréanse así mesmo, con 1 Sol os restaurantes ‘Marna’ (Pontevedra), ‘Alberte’ (Vigo), ‘O Secadeiro’ (Outes), ‘El de Alberto’ e ‘Gunnen’ (A Coruña), ‘Vértigo’ (Sober) e ‘Miguel González’ (O Pereiro de Aguiar). Galicia conta cun total de 49 restaurantes galardoados: 34 con Un Sol, 12 con Dous Soles e 3 con Tres Soles.
🟪🟧🟦 📺 EN VINTE | Vinte almorzando con Lucía Freitas