A Xunta cifra nun 17% o seguimento da folga de persoal médico en Galicia, que O'Mega eleva ao 85%. O Sergas sitúa en máis do 22% na quenda de mañá o seguimento nos grandes hospitais, onde o paro tivo máis repercusión, segundo recoñecen tamén os convocantes da protesta contra o estatuto marco aprobado polo Ministerio de Sanidade e a prol dun propio para os médicos e médicas. Na quenda de tarde, a Consellería de Sanidade reduciu a menos do 4% o seguimento da folga.