O goberno do Uruguai rescinde o contrato co estaleiro vigués Cardama para a construción de dúas patrulleiras oceánicas por 84 millóns de euros. O Consello de Ministros, encabezado polo presidente Yamandú Orsi, tomou a decisión logo de "varios incumprimentos da empresa" e tras os "fortes indicios de fraude ou estafa" dos que advertira o executivo do país suramericano. Ademais, anuncia "accións para recuperar o patrimonio do Estado uruguaio" e reclamar "responsabilidades institucionais e individuais".