📩Socias e socios de Praza, tedes un correo❗️
‼️ Ata o 80% devólvencho na declaración da renda:
Por exemplo:
- ↪️Cota de 10€/mes
- ✅Gasto real de 2€/mes
📩Socias e socios de Praza, tedes un correo❗️
‼️ Ata o 80% devólvencho na declaración da renda:
Por exemplo:
A Xunta anuncia que os informes técnicos confirman que as fortes chuvias foron a principal causa do derrubamento na mina do Monte Neme. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, nega que as probas de bombeo de auga dos días previos fosen as causantes do sinistro.
A Xunta eleva a vermella a alerta no litoral do noroeste da Coruña desde a tardiña deste mércores, por forte vento, grandes ondas e risco extremo, e mantén o nivel laranxa no resto da costa galega. As actividades escolares no exterior están prohibidas no noroeste da Coruña, na Mariña e no interior de Pontevedra.
Cortado un carril da autovía do Morrazo logo do deslizamento de terras sobre unha vivenda en Moaña. O derrubamento, que feriu un home, produciuse por mor das fortes e continuadas chuvias nos recentes temporais, segundo indica a Xunta.
A Xunta suspende este mércores a actividade escolar no exterior por alerta laranxa no noroeste da Coruña, no interior de Pontevedra e na Mariña. O aviso é por chuvia acumulada na provincia pontevedresa e por vento nas outras dúas zonas. Meteogalicia advirte de alerta vermella o vindeiro xoves en toda a costa coruñesa por ondas de máis de oito metros.
O conselleiro de Sanidade anuncia a creación de dous grupos de traballo para levar a cabo unha reforma da atención primaria logo de seis anos de negociacións con centos de expertos para o mesmo obxectivo. Desde 2019, un consello técnico traballa nun novo modelo e ten listas as conclusións, que aínda non son públicas.
Falece aos 80 anos Gonzalo Rei Chao, veterano actor de teatro, televisión, cinema e dobraxe. Cunha dilatada traxectoria escénica, o intérprete acadou notable popularidade por papeis coma o de don Crisanto na serie Padre Casares -na imaxe- ou por ser a voz do Mestre Mutenroi n'As bólas máxicas. [Imaxe: © CSAG]
Dolores Fernández Galiño, reelixida como Valedora do Pobo cos votos a prol de PP e BNG e a abstención do PSdeG. O Bloque proporá o nome da persoa que exerza como adxunto ou adxunta. Galiño exerce como Valedora do Pobo dende 2019 e a súa reelección foi activada tras manter o PP vacante o cargo durante 16 meses. É a primeira titular do alto comisionado que non dimite en dúas décadas. Na imaxe, a Valedora durante o pleno que esta mañá ratificou a súa reelección [© Parlamento de Galicia]
Rueda rexeita valorar que o PP tirase en Aragón do influencer ultra Vito Quiles, candidato de Se Acabó la Fiesta, e pide esperar a "cando chegue o momento en Galicia" para coñecer o que fará el para "conectar mellor coas persoas ás que lle pedimos a confianza".
Ana Pontón, ao fío das "candidaturas que se poidan facer no ámbito da esquerda estatal": "Imos seguir concorrendo coas nosas siglas para mellorar a posición de Galiza a través do BNG". Preguntada por eventuais movementos a partir dun acto conxunto de Gabriel Rufián (ERC) e Emilio Delgado (Más Madrid), a portavoz nacional do Bloque afirma que "respecta" os "procesos que teñan outras forzas", pero "o Bloque móvese noutra clave" nun momento político que, coida, evidencia o "necesario que é reforzar o BNG" no Congreso nas próximas eleccións xerais.