Ana Pontón, ao fío das "candidaturas que se poidan facer no ámbito da esquerda estatal": "Imos seguir concorrendo coas nosas siglas para mellorar a posición de Galiza a través do BNG". Preguntada por eventuais movementos a partir dun acto conxunto de Gabriel Rufián (ERC) e Emilio Delgado (Más Madrid), a portavoz nacional do Bloque afirma que "respecta" os "procesos que teñan outras forzas", pero "o Bloque móvese noutra clave" nun momento político que, coida, evidencia o "necesario que é reforzar o BNG" no Congreso nas próximas eleccións xerais.