Vitoria esmagadora do socialista António José Seguro na segunda volta das eleccións presidenciais de Portugal fronte ao ultradereitista André Ventura. As sondaxes e o xa avanzado escrutinio sitúan a Seguro por riba do 65% dos votos. Foto: PS
Vitoria esmagadora do socialista António José Seguro na segunda volta das eleccións presidenciais de Portugal fronte ao ultradereitista André Ventura. As sondaxes e o xa avanzado escrutinio sitúan a Seguro por riba do 65% dos votos. Foto: PS
Ampla maioría absoluta das dereitas en Aragón polo ascenso de Vox. Con case o 80% escrutado o xa gobernante PP mantén a primeira posición pero o empeora os seus resultados ao perder dous escanos, ficando en 26, e algo máis dun punto. Pero a extrema dereita, terceira forza, duplica representación (14) cun medre superior aos seis puntos. O PSOE sobre un forte retroceso ao caer 5 escanos (18) e case 5 puntos, case o mesmo os que ascende a Chunta Aragonesista, que pasa de 3 a 6 representantes.
Derrúbase parte da Muralla de Lugo a causa do temporal. Segundo informa El Progreso, sucedeu arredor das 23.30 horas do sábado e afectou a entre seis e sete metros da cara interna do monumento romano, á altura da rúa do Moucho, entre as portas de Santiago e do Carme. Hai 24 anos que non se produce un derrubamento así na muralla. [📸 Vista da Muralla de Lugo a uns metros de onde sucedeu CC-BY-SA Praza.gal]
Vigo recupera a conexión ferroviaria tras tres días cortada. Renfe informa de que os trens de Media Distancia que circulan entre A Coruña, Santiago e Vigo Urzaiz xa circulan con normalidade, así como os trens de Alta Velocidade. Así mesmo, os trens Rexionais entre Vigo-Guixar, Santiago e A Coruña tamén volven funcionar porque Renfe sinala que emplearán a vía de alta velocidade entre Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela. A compañía estableceu un plan de transporte alternativo para viaxeiros con orixe ou destino Padrón, Pontecesures, Catoira e Osebe. [na imaxe © Adif].
Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores para a súa novena edición:
🟪🟧🟦 EN VINTE 🟪🟧🟦 Contas que deberías seguir Series web ilustradas, arquitectura e fútbol feminino, na final dos Premios Revelación de Youtubeiras+
Segue en directo a gala de entrega dos premios Youtubeiras+ dende o Teatro Jofre de Ferrol, a partir das 19 horas. Nesta novena edición houbo un récord de participación e un total de 28 finalistas. Leila Fernández (que forma parte da canle O faiado pódcast) e Carlos Vieito (integrante do proxecto Exército Mekemeke) conducirán o certame.
Este sábado celébrase o Día dos medios en galego, organizado pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA), coincidindo co 150 aniversario da saída do prelo da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego “O Tío Marcos d’a Portela”, impulsada por Valentín Lamas Carvajal.
O BNG recorre ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para coñecer o contido dos acordos ocultos entre a Xunta e Altri. "O goberno de Rueda leva dous anos ocultando os seus acordos segredos con Altri, por iso tivemos que acudir á xustiza, para poñer luz onde o PP quere que haxa opacidade", asegurou este sábado a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, nunha visita a unha explotación de vacún en Sarria [na imaxe]. O TSXG admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado polo BNG que busca facer público o Memorando de entendemento subscrito en outubro de 2021 entre a empresa portuguesa e Impulsa Galicia.
A conexión de Vigo por ferrocarril segue interrompida. Adif confirma que a causa das condicións meteorolóxicas os trens con orixe e destino Vigo non prestan servizo e Renfe mantén bloqueada a venda de billetes ata o martes 10, sen medios alternativos de transporte. Tamén permanece cortada a circulación na vía de ancho convencional Ourense-Santiago, entre as estacións de Ourense e O Carballiño. [📸 Estación de Vigo-Guixar © Adif]
María López Sández, nova directora da revista Grial. O nomeamento foi divulgado cadrando coa presentación do número 248 da histórica publicación que, baixo o título Comunicación e novas tecnoloxías, aborda os "profundos cambios derivados da aparición de Internet e das tecnoloxías da información e da comunicación, que transformaron a economía, a produción cultural, os fluxos comunicativos e as relacións sociais, políticas e culturais". López Sández é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e académica da RAG, ademais de escritora. [Imaxe: © Editorial Galaxia]