Dolores Fernández Galiño, reelixida como Valedora do Pobo cos votos a prol de PP e BNG e a abstención do PSdeG. O Bloque proporá o nome da persoa que exerza como adxunto ou adxunta. Galiño exerce como Valedora do Pobo dende 2019 e a súa reelección foi activada tras manter o PP vacante o cargo durante 16 meses. É a primeira titular do alto comisionado que non dimite en dúas décadas. Na imaxe, a Valedora durante o pleno que esta mañá ratificou a súa reelección [© Parlamento de Galicia]
- HEMEROTECA | O PP quere que siga a actual Valedora do Pobo e ofrece ao BNG propoñer o cargo adxunto
- HEMEROTECA | Vacante o cargo da Valedora, primeira que non dimite en dúas décadas
- HEMEROTECA | Eivas en dependencia, listas de espera e falta de pediatras encabezan o récord de queixas á Valedora
- HEMEROTECA | A Xunta retira á Valedora o control da Lei de Transparencia