Cortado un carril da autovía do Morrazo logo do deslizamento de terras sobre unha vivenda en Moaña. O derrubamento, que feriu un home, produciuse por mor das fortes e continuadas chuvias nos recentes temporais, segundo indica a Xunta.
Cortado un carril da autovía do Morrazo logo do deslizamento de terras sobre unha vivenda en Moaña. O derrubamento, que feriu un home, produciuse por mor das fortes e continuadas chuvias nos recentes temporais, segundo indica a Xunta.
A Xunta suspende este mércores a actividade escolar no exterior por alerta laranxa no noroeste da Coruña, no interior de Pontevedra e na Mariña. O aviso é por chuvia acumulada na provincia pontevedresa e por vento nas outras dúas zonas. Meteogalicia advirte de alerta vermella o vindeiro xoves en toda a costa coruñesa por ondas de máis de oito metros.
O conselleiro de Sanidade anuncia a creación de dous grupos de traballo para levar a cabo unha reforma da atención primaria logo de seis anos de negociacións con centos de expertos para o mesmo obxectivo. Desde 2019, un consello técnico traballa nun novo modelo e ten listas as conclusións, que aínda non son públicas.
Falece aos 80 anos Gonzalo Rei Chao, veterano actor de teatro, televisión, cinema e dobraxe. Cunha dilatada traxectoria escénica, o intérprete acadou notable popularidade por papeis coma o de don Crisanto na serie Padre Casares -na imaxe- ou por ser a voz do Mestre Mutenroi n'As bólas máxicas. [Imaxe: © CSAG]
Dolores Fernández Galiño, reelixida como Valedora do Pobo cos votos a prol de PP e BNG e a abstención do PSdeG. O Bloque proporá o nome da persoa que exerza como adxunto ou adxunta. Galiño exerce como Valedora do Pobo dende 2019 e a súa reelección foi activada tras manter o PP vacante o cargo durante 16 meses. É a primeira titular do alto comisionado que non dimite en dúas décadas. Na imaxe, a Valedora durante o pleno que esta mañá ratificou a súa reelección [© Parlamento de Galicia]
Rueda rexeita valorar que o PP tirase en Aragón do influencer ultra Vito Quiles, candidato de Se Acabó la Fiesta, e pide esperar a "cando chegue o momento en Galicia" para coñecer o que fará el para "conectar mellor coas persoas ás que lle pedimos a confianza".
Ana Pontón, ao fío das "candidaturas que se poidan facer no ámbito da esquerda estatal": "Imos seguir concorrendo coas nosas siglas para mellorar a posición de Galiza a través do BNG". Preguntada por eventuais movementos a partir dun acto conxunto de Gabriel Rufián (ERC) e Emilio Delgado (Más Madrid), a portavoz nacional do Bloque afirma que "respecta" os "procesos que teñan outras forzas", pero "o Bloque móvese noutra clave" nun momento político que, coida, evidencia o "necesario que é reforzar o BNG" no Congreso nas próximas eleccións xerais.
Folga de trens en todo o Estado ata o mércores, cando podería coincidir con folga de buses na provincia da Coruña. A folga ferroviaria foi instada polos maquinistas tras os accidentes de Andalucía e Catalunya e sumáronse outros sindicatos. A folga indefinida de buses na provincia da Coruña está suspendida á espera de negociacións, pero se estas non avanzan antes o paro retomaríase este mércores.
Vitoria esmagadora do socialista António José Seguro na segunda volta das eleccións presidenciais de Portugal fronte ao ultradereitista André Ventura. As sondaxes e o xa avanzado escrutinio sitúan a Seguro por riba do 65% dos votos. Foto: PS
Ampla maioría absoluta das dereitas en Aragón polo ascenso de Vox. Con case o 80% escrutado o xa gobernante PP mantén a primeira posición pero o empeora os seus resultados ao perder dous escanos, ficando en 26, e algo máis dun punto. Pero a extrema dereita, terceira forza, duplica representación (14) cun medre superior aos seis puntos. O PSOE sobre un forte retroceso ao caer 5 escanos (18) e case 5 puntos, case o mesmo os que ascende a Chunta Aragonesista, que pasa de 3 a 6 representantes.