A Xunta suspende este mércores a actividade escolar no exterior por alerta laranxa no noroeste da Coruña, no interior de Pontevedra e na Mariña. O aviso é por chuvia acumulada na provincia pontevedresa e por vento nas outras dúas zonas. Meteogalicia advirte de alerta vermella o vindeiro xoves en toda a costa coruñesa por ondas de máis de oito metros.