Cortada a principal autoestrada portuguesa, a A1 Porto-Lisboa, afundida á altura de Coimbra polo desbordamento do río Mondego polas intensas chuvias. Na imaxe, da Câmara Municipal de Coimbra, o Mondego desbordado.
Cortada a principal autoestrada portuguesa, a A1 Porto-Lisboa, afundida á altura de Coimbra polo desbordamento do río Mondego polas intensas chuvias. Na imaxe, da Câmara Municipal de Coimbra, o Mondego desbordado.
A participación nas eleccións da Universidade de Santiago ás 12 do mediodía móvese entre o 57,6% no profesorado doutor con vinculación permanente e o 10,7% do estudantado. Votou tamén o 49,6% do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos e o 35% do restante persoal docente e investigador. A votación do estudantado, aínda que inferior á dos outros grupos, podería superar os datos de 2018, cando só votou o 12,56% dos e das estudantes.
A USC elixe este xoves a primeira reitora da súa historia entre as candidatas: Rosa Crujeiras, Maite Flores, María José López Couso e Alba Nogueira. A xornada electoral, con votación electrónica, comezou ás nove da mañá e rematará ás seis da tarde, con información sobre a participación ás 12 e ás 16 horas. Os resultados finais poderán consultarse nesta ligazón, unha vez finalizado o escrutinio. No caso de que ningunha candidata supere o 50% dos votos o 11 de marzo celebrarase unha segunda volta entre as dúas con máis apoios. Nos comicios tamén se elixen representantes no claustro universitario, xuntas de centro e consellos de departamento.
Jácome expresa o seu desexo de que o PP opte por Ana Vázquez Blanco como candidata á alcaldía de Ourense. Ante unha información a respecto de que "sectores do PP" promoven a candidatura de quen é deputada no Congreso dende o ano 2000, o actual alcalde ourensán saúda cun "oxalá" a posibilidade de enfrontarse nas urnas de 2027 a quen "conseguiu cero euros para Ourense". Na imaxe, Vázquez votando nunhas eleccións xerais en Bande, concello onde foi alcaldesa.
📩Socias e socios de Praza, tedes un correo❗️
‼️ Ata o 80% devólvencho na declaración da renda:
Por exemplo:
A Xunta anuncia que os informes técnicos confirman que as fortes chuvias foron a principal causa do derrubamento na mina do Monte Neme. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, nega que as probas de bombeo de auga dos días previos fosen as causantes do sinistro.
A Xunta eleva a vermella a alerta no litoral do noroeste da Coruña desde a tardiña deste mércores, por forte vento, grandes ondas e risco extremo, e mantén o nivel laranxa no resto da costa galega. As actividades escolares no exterior están prohibidas no noroeste da Coruña, na Mariña e no interior de Pontevedra.
Cortado un carril da autovía do Morrazo logo do deslizamento de terras sobre unha vivenda en Moaña. O derrubamento, que feriu un home, produciuse por mor das fortes e continuadas chuvias nos recentes temporais, segundo indica a Xunta.
A Xunta suspende este mércores a actividade escolar no exterior por alerta laranxa no noroeste da Coruña, no interior de Pontevedra e na Mariña. O aviso é por chuvia acumulada na provincia pontevedresa e por vento nas outras dúas zonas. Meteogalicia advirte de alerta vermella o vindeiro xoves en toda a costa coruñesa por ondas de máis de oito metros.
O conselleiro de Sanidade anuncia a creación de dous grupos de traballo para levar a cabo unha reforma da atención primaria logo de seis anos de negociacións con centos de expertos para o mesmo obxectivo. Desde 2019, un consello técnico traballa nun novo modelo e ten listas as conclusións, que aínda non son públicas.