A USC elixe este xoves a primeira reitora da súa historia entre as candidatas: Rosa Crujeiras, Maite Flores, María José López Couso e Alba Nogueira. A xornada electoral, con votación electrónica, comezou ás nove da mañá e rematará ás seis da tarde, con información sobre a participación ás 12 e ás 16 horas. Os resultados finais poderán consultarse nesta ligazón, unha vez finalizado o escrutinio. No caso de que ningunha candidata supere o 50% dos votos o 11 de marzo celebrarase unha segunda volta entre as dúas con máis apoios. Nos comicios tamén se elixen representantes no claustro universitario, xuntas de centro e consellos de departamento.