Suspendida a folga de buses na provincia da Coruña ante o desacordo entre sindicatos. UGT está disposta a asinar coa patronal un convenio de eficacia limitada que rexeita a CIG, maioritario no sector, á espera de que CCOO decida a súa postura.
Suspendida a folga de buses na provincia da Coruña ante o desacordo entre sindicatos. UGT está disposta a asinar coa patronal un convenio de eficacia limitada que rexeita a CIG, maioritario no sector, á espera de que CCOO decida a súa postura.
Coimbra inicia a evacuación de nove mil persoas e o concello advirte de enchentes "centenarias" nas vindeiras horas. As continuas borrascas provocan problemas en estradas e ferrocarrís, caída da enerxía eléctrica e numerosos incidentes en Portugal. Foto: Município de Coimbra.
Rosa Crujeiras e Maite Flores pasan á segunda volta nas eleccións a reitora da Universidade de Santiago de Compostela. A catedrática de Estatística e Investigación Operativa obtivo un total de 985 votos ponderados, mentres que a catedrática de Óptica acadou 536. A terceira candidata máis votada foi María José López Couso con 503 votos ponderados e a cuarta, Alba Nogueira, con 380 votos ponderados.
Na segunda volta, a campaña prolóngase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo, sendo o día 10 a xornada de reflexión e o 11 de marzo as novas votacións. O día 12 de marzo proclamarase a reitora electa provisional.
Falece Xesús Alonso Montero. O histórico mestre, escritor, académico e militante comunista tiña 97 anos. Na imaxe [©RAG], na súa etapa como presidente da Real Academia Galega, que dirixiu de 2013 a 2017.
Cortada a principal autoestrada portuguesa, a A1 Porto-Lisboa, afundida á altura de Coimbra polo desbordamento do río Mondego polas intensas chuvias. Na imaxe, da Câmara Municipal de Coimbra, o Mondego desbordado.
A participación nas eleccións da Universidade de Santiago ás 12 do mediodía móvese entre o 57,6% no profesorado doutor con vinculación permanente e o 10,7% do estudantado. Votou tamén o 49,6% do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos e o 35% do restante persoal docente e investigador. A votación do estudantado, aínda que inferior á dos outros grupos, podería superar os datos de 2018, cando só votou o 12,56% dos e das estudantes.
A USC elixe este xoves a primeira reitora da súa historia entre as candidatas: Rosa Crujeiras, Maite Flores, María José López Couso e Alba Nogueira. A xornada electoral, con votación electrónica, comezou ás nove da mañá e rematará ás seis da tarde, con información sobre a participación ás 12 e ás 16 horas. Os resultados finais poderán consultarse nesta ligazón, unha vez finalizado o escrutinio. No caso de que ningunha candidata supere o 50% dos votos o 11 de marzo celebrarase unha segunda volta entre as dúas con máis apoios. Nos comicios tamén se elixen representantes no claustro universitario, xuntas de centro e consellos de departamento.
Jácome expresa o seu desexo de que o PP opte por Ana Vázquez Blanco como candidata á alcaldía de Ourense. Ante unha información a respecto de que "sectores do PP" promoven a candidatura de quen é deputada no Congreso dende o ano 2000, o actual alcalde ourensán saúda cun "oxalá" a posibilidade de enfrontarse nas urnas de 2027 a quen "conseguiu cero euros para Ourense". Na imaxe, Vázquez votando nunhas eleccións xerais en Bande, concello onde foi alcaldesa.
📩Socias e socios de Praza, tedes un correo❗️
‼️ Ata o 80% devólvencho na declaración da renda:
Por exemplo:
A Xunta anuncia que os informes técnicos confirman que as fortes chuvias foron a principal causa do derrubamento na mina do Monte Neme. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, nega que as probas de bombeo de auga dos días previos fosen as causantes do sinistro.