Rosa Crujeiras e Maite Flores pasan á segunda volta nas eleccións a reitora da Universidade de Santiago de Compostela. A catedrática de Estatística e Investigación Operativa obtivo un total de 985 votos ponderados, mentres que a catedrática de Óptica acadou 536. A terceira candidata máis votada foi María José López Couso con 503 votos ponderados e a cuarta, Alba Nogueira, con 380 votos ponderados.
Na segunda volta, a campaña prolóngase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo, sendo o día 10 a xornada de reflexión e o 11 de marzo as novas votacións. O día 12 de marzo proclamarase a reitora electa provisional.