A Xunta ratifica a conxelación en 218 euros ao ano do complemento das pensións non contributivas creado polo bipartito e que Feijóo quixo suprimir. O Consello da Xunta aprobou este luns o pagamento deste ano logo de incluír nos Orzamentos unha cifra idéntica á do ano pasado.