A conselleira do Mar, Marta Villaverde, afirma que na reunión do Comité de Flora e Fauna entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e as comunidades a súa postura a respecto da protección da anguía foi “defender ao sector desta proposta sen sentido do Goberno central” que, engadiu, “intenta prohibir a pesca” desta especie.
Villaverde informou de que Galicia, xunto a outras cinco comunidades autónomas, votou en contra da iniciativa presentada polo ministerio, que retirou a proposta e “decidiu crear un grupo de traballo para ter en conta todos os datos expostos”. [📸 Na imaxe, Marta Villaverde reunida con representantes da Asociación Profesional da Pesca e Comercialización da Anguía (Aproang) o 11 de febreiro © Xoán Crespo/Xunta]