Pedro Sánchez confirma que o Consello de Ministros insta este martes á Fiscalía a "investigar os delitos que X, Meta e TikTok poderían estar cometendo pola creación e difusión de pornografía infantil mediante as súas intelixencias artificiais". "estas plataformas están atentando contra a saúde mental, a dignidade e os dereitos dos nosos fillos e fillas", sinala o presidente do Goberno de España nunha mensaxe nas redes sociais na que engade que "o Estado non o pode permitir" e que "a impunidade dos xigantes debe rematar". [Imaxe: © Pool Moncloa/José Manuel Álvarez]
- Musk, Telegram e a internacional ultra lánzanse contra Pedro Sánchez
- O Goberno de España prohibirá o acceso ás redes sociais aos menores de 16 anos
- Elon Musk lánzase pola rede dixital europea sen que a UE teña regulación ou opción pública para defenderse
- Marchar ou ficar no que foi Twitter? "X non está libre de ideoloxía, ten unha propiedade e uns intereses"