A folga médica provocou en dous días a suspensión de 380 cirurxías e un total de 14.500 procesos asistenciais en Galicia, segundo asegura o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que lamentou a "pasividade" da ministra de Sanidade ante os paros. A Xunta cifra nun 17,7% o seguimento da folga na mañá deste mércores, unha porcentaxe que se eleva a case o 23% nos hospitais.