O PP volve convocar a prensa para seguir mañá unha intervención de Mariano Rajoy a través dunha pantalla. O presidente do Goberno central non comparece en territorio español ante a prensa dende o pasado 28 de decembro.
Fálase
A prensa alemá tamén se fai eco das fotografías de Feijóo co narco Marcial Dorado. O Süddeutsche Zeitung ofrece a información baixo o título De vacacións co narcotraficante
O edificio Conde de Fenosa da Coruña non será derrubado. O TSXG declara "inexecutable" a demolición do inmoble, malia que unha sentenza de 2001 obrigaba á súa derruba.
A rexión das Landas cifra en 100 millóns de euros as perdas polo Prestige no sector turístico. Así o asegurou un representante do goberno local no xuízo pola catástrofe marítima. Asegura que o turismo descendeu un 20% tras a marea negra.
O PP acepta que Feijóo compareza no Parlamento sobre as súas fotos con Marcial Dorado a cambio de suprimir a sesión de control ao presidente nese mesmo pleno, segundo vén de avanzar o voceiro do BNG, Francisco Jorquera. Toda a información, esta mañá en Praza.
Esta madrugada faleceu o director Jesús Franco, pioneiro do cinema español de serie B e autor de máis de 200 filmes
Henrique Mariño escribe en Público un retrato de Noelia Moreno, portavoz da acampada en Sol, soltera, nai e dous anos no paro
Le Monde faise eco das fotos "comprometedoras" de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado. Onte xa as recollera tamén o italiano Corriere della Sera
Vén de abrirse unha recollida de sinaturas a través de change.org para pedir a dimisión de Alberto Núñez Feijoo polo escándalo provocado polas súas fotos co narco Marcial Dorado
Anxo Quintana: "Se me pasa a min o das fotos, viríame buscar unha parella da Garda Civil". O ex vicepresidente da Xunta quéixase na Cadena Ser da equiparación da súa fotografía cun empresario coas polémicas imaxes de Feijóo e recoñece a "complicada situación" na que queda o xefe do Executivo galego.