O prezo da luz continúa a súa escalada e o Goberno central estima que o recibo será uns 100 euros máis caro ao ano. Información en eldiario.es

O prezo da luz continúa a súa escalada e o Goberno central estima que o recibo será uns 100 euros máis caro ao ano. Información en eldiario.es
A Xunta anuncia que a apertura ao tráfico do corredor do Morrazo será finalmente "a finais de febreiro" e non o 21 de xaneiro, como anunciara inicialmente. Sinalouno a conselleira de infraestruturas nunha xuntanza cos concellos afectados para abordar a evolución das obras.
Raquel e Tere, do Deportivo, primeiras xogadoras do fútbol galego con contrato profesional. A defensa e a mediocentro asináronos en presenza do presidente do club, Tino Fernández
O goberno de Santiago promove denominar o aeroporto compostelán 'Rosalía de Castro-Santiago Lavacolla'. A proposta de Compostela Aberta será debatida a través dunha moción no pleno municipal deste mércores, na que a formación lembra que é "unha práctica instituída que os aeroportos de referencia reciban o nome de personaxes ilustres". A nova denominación tería que ser aceptada por AENA, dependente do Ministerio de Fomento.
O prezo da electricidade situarase este mércores no seu nivel máximo nos últimos tres anos, acadando os 78,83 euros por MWh. A escaseza de auga e vento, xunto coa maior demanda polo descenso das temperaturas explican o ascenso, pero tamén crecen as críticas á estrutura do mercado enerxético en España, onde unhas poucas compañías exercen un gran poder
Temperaturas baixo cero en varias comarcas galegas nunha xornada de intenso frío e con importantes xeadas. As cidades de Lugo e Ourense érguense por baixo dos cero graos.
Obama conmuta a pena a Chelsea Manning, condenada por ter entregado centos de miles de documentos secretos a Wikileaks en 2010. A ex-soldado sairá da cadea no vindeiro mes de maio.
O pacto entre o PP europeo e os liberais fai presidente da Eurocámara a un cofundador do partido de Berlusconi, Antonio Tajani, que se impuxo na votación final ao candidato socialista, Gianni Pittella.
Goberno central e autonomías pactan reformar o financiamento antes de que remate o ano. O acordo inclúe a creación dunha comisión específica para o estudo do sistema de dependencia. Madrid e Baleares opóñense á harmonización fiscal entre comunidades. Rajoy afirma que o seu Executivo "vai tomar en serio a Conferencia de Presidentes", despois de catro anos sen convocala. Feijoo comparecerá no vindeiro pleno do Parlamento -a petición dos grupos da oposición- para dar conta do desenvolvemento da Conferencia
O realizador galego Manu Viqueira asina o último vídeo de Green Day, Troubled times, de fondo contido político e social e inzado de crítica a Donald Trump