Rajoy anuncia na investidura cambios nas reválidas da LOMCE que están aprobados dende xullo, cun decreto que modificou os seus efectos académicos para este curso.

Rajoy anuncia na investidura cambios nas reválidas da LOMCE que están aprobados dende xullo, cun decreto que modificou os seus efectos académicos para este curso.
Hernando defende a abstención do PSOE na investidura de Rajoy porque "España a necesita". Crónica dende o Congreso en eldiario.es
#EPA O paro descendeu en 16.200 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, son 16.100 menos que hai un ano. O emprego incrementou en 23.900 persoas, e o balance de ocupación é de 18.900 persoas máis que no mesmo trimestre de 2015. Toda a información, hoxe en Praza.
A Mesa do Parlamento aborda este xoves a proposta do PSdeG para que a Cámara defenda o traspaso da AP-9 ante o Congreso polo intento de veto do Goberno de Rajoy. Os socialistas apostaron por esta vía no canto da "fronte común" promovida polo BNG e secundada por En Marea. O PP defende que "non é o momento".
A UE cancela o cumio con Canadá sobre o acordo de comercio CETA, freado polo Parlamento de Valonia.
A primeira ministra británica manifestouse contra a saída da UE pouco antes do 'Brexit', que agora defende. The Guardian revela as manifestacións de Theresa May cando era ministra do Interior do Reino Unido.
O recibo da luz encadea seis meses de subas e apunta a novos incrementos no remate do ano. Cóntao eldiario.es
O BNG rexistra no Parlamento a súa primeira iniciativa da lexislatura, o 'Plan Retorna', un paquete de medidas destinado a fomentar o regreso de
José Blanco pide “consenso” sobre o momento en que os políticos deben deixar os cargos por estar implicados nunha causa xudicial e pide respectar a presunción de inocencia de Rita Barberá. A súa propia imputación no caso Campeón foi arquivada logo polo Tribunal Supremo.
VÍDEO | A Asemblea Xeral da ONU aproba unha resolución contra o bloqueo a Cuba sen votos en contra por primeira vez na historia. É o vixésimo quinto ano consecutivo que se votaba unha iniciativa coma esta, pero desta volta Estados Unidos abstívose.