A Mesa do Parlamento aborda este xoves a proposta do PSdeG para que a Cámara defenda o traspaso da AP-9 ante o Congreso polo intento de veto do Goberno de Rajoy. Os socialistas apostaron por esta vía no canto da "fronte común" promovida polo BNG e secundada por En Marea. O PP defende que "non é o momento".
