Investigan un posible caso de violencia machista no Porriño, onde un matrimonio en trámites de divorcio foi atopado morto por disparos. A Garda Civil traballa coa hipótese máis probable de que o home asasinase a muller e despois se suicidase (Imaxe da Garda Civil).
