O Ministerio do Interior admite que lles disparou pelotas de goma aos inmigrantes que nadaban tentando chegar á costa. Fernández Díaz afirma, con todo, que "non hai relación entre o uso de material antisturbios e os 15 mortos.
Fálase
A edil de Urbanismo de Santiago, María Pardo, asegura que vai demandar edís da oposición por cualificar de "fascista" a súa actitude no conflito polo parque de Galeras e por asegurar que o seu marido acudiu á manifestación para "tomar nota" das persoas que asistiron.
A presidenta do Parlamento vén de recibir unha delegación da Alianza Libre Europea, que dende hoxe celebra a súa asemblea co BNG como anfitrión.
O xuíz Moreno xulgará os ex directivos das caixas galegas polas súas indemnizacións millonarias. Sentará no banco a Gayoso, Pego, García de Paredes e Rodríguez Estrada, segundo adianta Europa Press. Máis información, hoxe en Praza.
#consellodaxunta A Xunta culmina a "paralización definitiva" das obras da Cidade da Cultura, acordada polo Parlamento en marzo de 2013. Segundo Feijóo, o Goberno non terá que pagarlles indemnizacións ás empresas, que poderán executar un "remate" no complexo con "recursos propios".
#consellodaxunta A Xunta aproba unha oferta pública de emprego para 117 docentes da ESO.
O ministro do Interior comparece no Congreso para falar da morte de, cando menos, 15 persoas que tentaban chegar a Ceuta. Pódese seguir ao vivo en El Diario
Montse Dopico entrevista Xabier P. Docampo sobre A illa de todas as illas (Xerais), novela que presenta este xoves en Compostela: “O único que non serve para nada é non saber nada. Somos seres chamados a coñecer”
SOS Sanidade Pública chama a veciñanza de Vigo a participar este serán nunha manifestación contra os recortes sanitarios. Será ás 20:00 dende a Praza dos Cabalos.
A veciñanza compostelá de Galeras, que loita contra a construción dun acceso a un aparcadoiro privado no seu parque, convoca unha nova mobilización para o vindeiro sábado.