Juana Rivas comparece ante o xuíz en Granada tras case un mes desaparecida. O tribunal decidiu retirarlles o pasaporte aos seus fillos e prohibiulles abandonar a UE sen autorización paterna.
Fálase
A CIG critica a privatización das lonxas de peixe no Porto de Vigo ve "moitas incongruencias" nas argumentacións empregadas por López Veiga para xustificar a decisión.
A proximidade dun incendio a núcleos habitados en Celanova obrigou a desaloxar varias vivendas. Entre Gondomar e Tui o lume avanzou durante a noite en dirección ao Parque Natural do Monte Aloia. Outros tres incendios en Montederramo, Cervantes e Negueira de Muñiz foron controlados tras arrasar 60, 20 e 32 hectáreas de terreo, respectivamente.
Juana Rivas envía unha carta ao presidente do Goberno, ao Fiscal Xeral do Estado e ao presidente do Tribunal Constitucional para pedir que medien por ela e polo seus fillos. Na misiva afirma que aínda "confía en que a Xustiza española poida reconducir toda a serie de erros” que levaron a esa situación
Os expertos debaten sobre a utilidade da colocación de bolardos nas cidades para minimizar o risco de atentados. Porén, segue sen haber un consenso sobre a súa conveniencia
A policía rexistra un aumento dos ataques islamófobos tralos atentados de Barcelona. Mesquitas de Sevilla e Granada foron atacadas, a de Fuenlabrada apareceu con esvásticas pintadas e cunha cabeza de porco nunha das súas fachadas. E en Sagunto un menor marroquí foi golpeado por un adulto.
Un home asasina a súa sogra na Coruña e tenta fuxir co seu bebé de 21 meses. O presunto asasino xa foi detido e a Garda Civil investiga o que semella un novo caso de violencia machista. Está a contalo La Opinión
Os Mossos d'Esquadra confirman que veñen de matar o autor material do atentado de Barcelona, Younes Abouyaaqoub
Os Mossos confirman que "abateron" a "persoa sospeitosa" á que procuraban e que semellaba portar un cinto de explosivos, sinala a policía catalá
En marcha unha operación dos Mossos en Subirats (Barcelona) á procura do presunto autor material do atentado da capital catalá