Jordi Pujol aclara que el votaría pola independencia nun referendo. O ex presidente da Generalitat asegura na Cadena Ser que optaría pola soberanía logo "da barbaridade da sentenza do Estatut".
Fálase
Feijóo inicia mañá a súa viaxe oficial ao Brasil, pero onte xa protagonizou un acto de partido na Arxentina
Como acontecera en anteriores ocasións, Alfonso Rueda queda encargado do "despacho dos asuntos da Presidencia" da Xunta durante a viaxe que Feijóo emprende mañá cara ao Brasil.
Galicia suma 8.439 parados máis no último mes, alcanzando unha cifra récord de 267.812 desempregados, segundo os últimos datos do Ministerio de Emprego.
O paro sobe en outubro en 128.242 persoas e deixa o número total de desempregados inscritos nas oficinas do SEPE en 4.833.521, récord histórico.
A xornalista británica Caroline Criado-Perez lanza unha web chamada The Women’s Room para elaborar listas de mulleres expertas en distintas materias e asi potenciar a súa presenza nos medios. Hoxe en dia as mulleres son o 79% das vitimas nos medios pero só unha cuarta para das voces expertas.
Gmail supera por primeira vez a Hotmail en número de visitas, culminando un ascenso de oito anos. O servidor de correo de Google tivo 287,9 millóns de visitas en outubro.
O PSOE lanza este luns a súa proposta contra os desafiuzamentos. Presentará en 20 roldas de prensa en toda España a proposición de lei que defendeu o pasado 25 de octubre no Congreso para "parar dunha vez por todas" estas actuacións. Laura Seara farao en Ourense.
300 expertos de 56 paises debaten a partir de hoxe en Vigo o futuro das políticas contra o cambio climático
Na Terceira galega o Racing de Ferrol gañou e segue como lider destacado (27 puntos), seguido de Celta B (23) e Somozas, As Pontes e Alondras (19)
Celta B 1-0 Barbadás
Somozas 0-3 Deportivo B
Racing Vilalbés 1-3 Dorneda
Céltiga 0-2 As Pontes
Negreira 0-3 Compostela
Pontevedra 1-1 Bergantiños
Narón 1-1 Ordes
Cerceda 0-1 Racing de Ferrol
Alondras 2-0 Vilalonga
Rápido de Bouzas 1-1 Betanzos