PP e PSOE completaron este venres o seu pacto para o reparto dos catro membros do Tribunal Constitucional que debe elixir o Senado a proposta dos parlamentos autonómicos.
Fálase
O Tribunal Supremo delimita a diferenza entre alterne e prostitución: se hai sexo non hai relación laboral. Nunha sentenza recente obriga a un empresario a recoñecer como traballadoras a varias mulleres que exercían o alterne nun local
Vólvese suspender o xuízo contra o 'rei das orquestras' tras alegar o seu avogado non estar en condicións de exercer a defensa. Cóntao Pontevedra Viva
Confirmada a sanción de 60.000 euros a un home que se alegrou da morte de Jimmy, o afeccionado deportivista asasinado por ultras do Frente Atlético.
Polémica un chío de Alfonso Rueda no que fai eco das burlas dun xornalista pola derrota do Celta. O vicepresidente da Xunta borroun o comentario que aludía ao alcalde de Vigo e pediu desculpas máis tarde. Cóntao Vigoé.
Gas Natural Fenosa gañou 1.347 millóns de euros durante 2016, segundo os resultados que vén de publicar a eléctrica. Malia á redución dun 10% nos beneficios a compañía afirma que as cifras do pasado exercicio amosan a "fortaleza do seu modelo de negocio". (Na imaxe, a hidroeléctrica do Tambre).
A Xunta publica o balance final das achegas económicas ás forzas políticas galegas en 2016. A distribución, regulada pola lei de financiamento de 2015, atende á representación parlamentaria da pasada lexislatura e, dende o pasado setembro, a da actual.
A Consellería de Educación convocará unhas 1.000 prazas de 25 especialidades nas oposicións deste ano. Recólleo Faro de Vigo
O Parlamento aproba por unanimidade unha declaración institucional a prol de nomear o aeroporto de Santiago como Rosalía de Castro, como aprobou recentemente o Concello de Santiago. O Ministerio de Fomento, do que depende a infraestrutura, deu o seu visto e prace a pasada semana.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca folga xeral no sector educativo, dende Infantil ata a Universidade, para o vindeiro 9 de marzo. As entidades que a conforman (Confapa, CC.OO, UGT, SE ou STEG, entre outras) esixen a reversión dos recortes e a derrogación da LOMCE e o diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada