A Fiscalía pide imputar os ultras excarcerados polo asasinato de Jimmy. Pide que se cite como investigados por homicidio e tentativa de homicidio os neonazis que foran liberados polo xuíz.
Fálase
A Xunta amplía o crédito da súa orde de axudas aos medios de comunicación ata chegar aos 1,6 millóns, importe similar ao do pasado ano. As axudas a empresas que editan publicacións en galego aumentan ata acadar tamén o nivel de 2015.
O goberno de Lalín promove unha moción para separar a simboloxía e ritos relixiosos da actividade municipal. Recólleo Faro de Vigo
A Alternativa dos Veciños de Oleiros valora concorrer ás eleccións galegas. Recólleo La Opinión de A Coruña
O PP de Santiago pídelle apoio ao PSOE para gobernar a cidade, onde os conservadores son segunda forza. Son declaracións de Agustín Hernández tras as críticas de Caballero ás mareas. O pasado marzo Feijóo gabouse de ofrecerlle a alcaldía da capital galega aos socialistas.
Rivera resucita a proposta de elixir un tecnócrata "independente" para presidir o Goberno de España.
VÍDEO Falece o cantante Prince aos 57 anos. Así recolleu a TVG o seu concerto na Coruña en 1990.
A Federación de Librarías de Galicia ofrecerá dominios .gal a 15 euros para celebrar o Día do Libro. A través dun acordo coa Asociación Puntogal, cada libro mercado o 23 de abril en establecementos da Federación incluirá un marcapáxinas cun código de desconto.
Unidad Editorial, editora de El Mundo, anuncia un novo ERE con 224 despedimentos
Lugo será a sede dos Xogos do Eixo Atlántico no 2017. A proposta da capital lucense, que implica actividades tamén en Monforte e Sarria, foi elixida entre cinco candidaturas. A decisión deuse a coñecer este xoves en Viana do Castelo.