Uns 50 gandeiros protestan diante do Parlamento con motivo do discurso de investidura de Núñez Feijóo. Piden prezos xustos para o leite durante a xornada de folga de entregas que se está a desenvolver en Galicia. Imaxe de @montseprado.
Fálase
Unha deputada do PP asegura que algunhas axudas sociais utilízanse "para comprar televisións de plasma ou cousas peores". Así o dixo Pilar Sol, parlamentaria en Valencia.
Remata o discurso de Alberto Núñez Feijóo na primeira xornada do debate de investidura. A información, esta mañá en Praza.
España sufrirá en 2013 o peor da crise, cunha caída do PIB do 1,4% e o paro preto do 27%, segundo as últimas proxeccións da OCDE. A economía estatal non volverá medrar até 2014.
O SLG informa de que a folga de entregas de leite é unánime. "Non se está entregando leite e non hai recollida ningunha", asegura Xabier Gómez Santiso, coordinador dos sectores gandeiros, que destaca que o paro transcorre "con normalidade" e que "se baleiraron" algúns camións pola noite, pero que advirte que os problemas comezarán mañá "cando as granxas non teñan onde gardar o produto".
Un grupo de gandeiros interrompe o discurso de investidura de Feijoo con berros de "Feijóo escoita, os gandeiros estamos en loita", "Mentireiro" e "Feijóo estamos tirando o leite" entre os aplausos das forzas da oposición. Son desaloxados da tribuna e o candidato a presidente continúa a súa intervención.
El Pais fai unha estimación dos fluxos de votos nas eleccións catalás deste domingo. ICV-EUiA, ERC, PP e C'S reciben moitos votos procedentes da abstención. Hai ademais grandes trasvases de PSC a ICV, de PP a C's e de CIU a ERC. Ademais, advirtese un intercambio de votos entre PSC e CiU.
A UE desaira os afectados das preferentes e recoméndalles "defenderse nun xulgado", segundo conta Faro de Vigo. A Comisión Europea di que non pode determinar que titulares son aforradores e cales investidores, durante unha visita da que os "estafados" saen "pesimistas".
El Blog Salmón analiza en dez gráficas "por que a crise e recesión española irá a peor". Baséase na caida da produción de cemento, da demanda, das exportacións ou do crédito.
Antoni Domènech, G. Buster e Daniel Raventós analizan as eleccións catalás para Sin Permiso. Saúdan o ascenso de ICV-EUiA e CUP e relacionan a actual pulsión soberanista coa crise da Monarquía de 1978.