Rajoy revela, nunha conversa informal con xornalistas, que haberá máis recortes antes do verán.
Fálase
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, reitera no Parlamento que os "non nacidos" contarán como membros da unidade familiar nas axudas da Xunta. Faise en virtude da lei aprobada no Parlamento a instancias da Red Madre do Foro Español de la Familia.
Presentada a redacción de Sermos Galiza, o semanario impreso e xornal dixital, que nacerá en breve: Xesús Manuel Piñeiro, Rodri Suárez, Beti Vázquez, Carme Vidal e Antón Fernández Escuredo
Bruxelas nega que se vaia activar un rescate para a banca española, aínda que deixa claro que o mecanismo "está listo" por se o houbese que facer.
A Cadena SER adianta que o Goberno central vai supender o acordo de Schengen durante o cumio do Banco Central Europeo en Barcelona. Para evitar a chegada de "antisistemas", di, recuperaranse temporalmente os controis fronteirizos.
#19Aestudantespologalego Ao longo da mañá estívose a celebrar en todo o país a mobilización estudantil a prol da lingua galega. A Mesa (@amesanl) considera "excelente" o nivel de participación na folga.
O conselleiro de Sanidade de Castela-A Mancha e responsable sanitario do PP, José Ignacio Echániz, resta importancia ao novo copagamento de medicamentos para pensionistas: "son só catro cafés ao mes", di. En Público.
Galicia, o territorio que máis poboación perde en España. Segundo o avance do Padrón 2012 feito público polo INE, o país ten 16.509 habitantes menos que hai un ano, un 0,6% menos que a comezos de 2011. Tamén perden poboación Castela e León, Canarias, Asturias e Estremadura.
A Comisión Europea amosa a súa "admiración" polas reformas do Goberno de Rajoy. A vicepresidenta da CE e comisaria de Xustiza, Viviane Reding, expresou a súa "confianza" en España e louva a "gran valentía" do Executivo.
Manuel Guede volve dirixir o Centro Dramático Galego (CDG), un cargo que xa desempeñara en 2005. Substitúe a Blanca Cendán, tras a súa polémica marcha.