O PP baleirou o 90% do peto das pensións, que a finais de 2011 achegábase aos 67.000 millóns e que agora apenas supera os 8.000. eldiario.es analiza a súa evolución.
Fálase
A auga do embalse de Eiras, que abastece Vigo, deixará de ser potable nuns 25 días. Así o advirte a concesionaria nun informe remitido á Xunta e publicado por Europa Press na súa web.
O Goberno central saca 3.586 millóns da hucha das pensións para pagar as pensións ordinaria e extraordinaria de decembro.
Pontevedra acolle ata o domingo o Culturgal, que chega á súa décima edición. Praza Pública estará presente compartindo espazo co escritor, xornalista e humorista Carlos Mexide.
A xuíza abre xuízo oral contra o PP por destruír os ordenadores de Bárcenas. A maxistrada lembra que o borrado torpedeou "unha causa criminal de indubidable transcendencia".
A Xunta urxe obras de abastecemento aos concellos ante a "ameaza real" de seca e cre que a situación de emerxencia é "máis que probable"
AUDIO | Rajoy láiase de que en Pontevedra "non se sabe por que, lle quitasen a rúa ao almirante Salvador Moreno", militar golpista e ministro de Franco. Escoita aquí as súas declaracións, recollidas pola Cadena SER
O Congreso reclama a recuperación do Pazo de Meirás coa abstención do PP. A Comisión de Cultura aprobou a iniciativa de En Marea na que se encomenda ao Concello de Sada a xestión das visitas.
Os fondos voitre xa son os maiores donos de ladrillo á venda en Galicia. Cóntao Faro de Vigo.