AUDIO | Rajoy láiase de que en Pontevedra "non se sabe por que, lle quitasen a rúa ao almirante Salvador Moreno", militar golpista e ministro de Franco. Escoita aquí as súas declaracións, recollidas pola Cadena SER
Fálase
O Congreso reclama a recuperación do Pazo de Meirás coa abstención do PP. A Comisión de Cultura aprobou a iniciativa de En Marea na que se encomenda ao Concello de Sada a xestión das visitas.
Os fondos voitre xa son os maiores donos de ladrillo á venda en Galicia. Cóntao Faro de Vigo.
Cadea perpetua para os responsables dos voos da morte da ditadura arxentina. A Xustiza condena medio cento de responsables de torturas e asasinatos do caso ESMA, que xulgaba case 800 delitos de lesa humanidade.
O PP di que tentará prohibir os perfís anónimos nas redes sociais. Anunciouno o seu voceiro no Congreso, Rafael Hernando, tras unha denuncia da deputada Sánchez-Camacho por ameazas en Twitter.
O Supremo cita o venres os ex-conselleiros cataláns encarcerados para decidir se os deixa en liberdade.
A ex-ministra Isabel Tocino, nova presidenta do Banco Pastor. O Santander situouna este martes á fronte da segunda entidade bancaria galega. Tamén é conselleira en ENCE e a ex-política que máis cobraba como conselleira en empresas cotizadas.
O PP defende no pleno da Deputación de Lugo unha moción para a chegada do AVE á cidade, que o Ministerio de Fomento xa desbotou. Os votos de PSdeG e BNG rexeitaron a iniciativa. A liña de alta velocidade de Lugo a Ourense, que Feijóo chegou a prometer construír "con cartos da Xunta", foi xa formalmente aparcada polo Goberno central, que aposta agora polas melloras da liña convencional, opción pola que tamén se inclinan os gobernos do Concello e da propia Deputación co apoio do Eixo Atlántico.
O Parlamento constitúe a comisión de estudo sobre os incendios con Raquel Arias (PP) como presidenta e o tamén popular Alberto Pazos como vicepresidente. Para a secretaría foi elixido José Antonio Quiroga, do PSdeG, cos votos de populares e socialistas. En Marea denuncia un "lamentable pacto" para "deixar fóra da Mesa da comisión á primeira forza da oposición", di o deputado Davide Rodríguez, quen lamenta que o órgano naza "viciado".
Feijóo confirma que irá pedir o voto para Albiol en Catalunya "como presidente dunha nacionalidade histórica". Segundo adiantou nunha entrevista en RNE, participará en actos do PP catalán os días 5 e 18 de decembro, nos que advertirá de que "se pode ser catalán" como "forma de ser español" e cargará contra Puigdemont, ao que cualifica de "nocivo". O presidente da Xunta xa pedira o voto para Albiol nas eleccións de 2015 e para Sánchez-Camacho en 2012.