A curtametraxe galega Matria, de Álvaro Gago, competirá na sección oficial internacional do Festival de Sundance, que se celebra do 18 ao 28 de xaneiro en Park City, nos Estados Unidos. O filme xa foi galardoado noutros certames como a Seminci, Alcine e Cartagena. O autor apostou no traballo por "dar voz ás mulleres silenciadas que soportan e calan"
