Nova mobilización na Coruña contra o peche do COF do Ventorrillo. A Xunta pretende desmantelar un dos centros de Orientación Familiar da cidade e trasladar esta demanda ao de Orillamar e aos centros de saúde. Imaxe de @Yolanda_Diaz_
Nova mobilización na Coruña contra o peche do COF do Ventorrillo. A Xunta pretende desmantelar un dos centros de Orientación Familiar da cidade e trasladar esta demanda ao de Orillamar e aos centros de saúde. Imaxe de @Yolanda_Diaz_
A detención de Ángel Espadas no marco da operación Pokémon é tamén recollida por La Voz de Galicia. Espadas foi asesor de Conde Roa mentres foi alcalde despois de ser eliminado das listas electorais do PP por ser sorprendido durmido e ebrio ao volante do seu coche. El Correo agrega que Aduanas está a rexistrar a casa do ex alcalde
A detención de Ángel Espadas no marco da operación Pokémon é tamén recollida por La Voz de Galicia. Espadas foi asesor de Conde Roa mentres foi alcalde despois de ser eliminado das listas electorais do PP por ser sorprendido durmido e ebrio ao volante do seu coche.
Luis Bárcenas nunca foi despedido do PP, segundo conta El Diario. O ex tesoureiro dos populares seguiría cobrando do partido e non tería recibido finiquito ningún.
A xuíza Pilar de Lara inicia unha nova fase da operación Pokémon. Segundo informa El Correo Gallego, axentes de aduanas están a interrogar o concelleiro de Seguridade de Santiago, Albino Vázquez (PP). O diario compostelán sinala que entre os novos detidos podería estar tamén Ángel Espadas, xefe de gabinete con Conde Roa. El Progreso apunta que, en total, as novas detencións ordenadas son oito.
Hoxe o DOG publica a nova Lei de Horarios Comerciais, que entra mañá en vigor e que afonda na desrregulación do sector comercial e dos seus períodos de apertura
A CNMV suspende a cotización de Bankia, logo de que o FROB decidise valorar cada acción en 0,01 euros, segundo adianta Expansión.
Xa se pode ver integramente a conferencia que a pasada semana ofreceu en Vigo o Fiscal Superior de Galicia. Carlos Varela, convidado por A Nave das Ideas, falou sobre A corrupción sistémica e a forma de facerlle fronte
En Francia comezou a funcionar Parlement & Citoyens, unha plataforma de software libre que ofrece ferramentas que posibilitan a co-creación de proxectos de lei entre deputados e cidadáns