O presunto líder da Gürtel declara no xuízo que as construtoras OHL, ACS e Dragados financiaron o PP con cartos en negro e asegura que mediou ante os ministerios de Fomento e Medio Ambiente na etapa de Aznar. Dúas das compañías anuncian querelas contra Francisco Correa.
