Evo Morales anuncia novas eleccións en Bolivia tras as protestas desencadeadas polas acusacións de fraude nos comicios de outubro lanzadas pola oposición. Horas máis tarde, Morales anunciou a súa renuncia.
Fálase
A ilustradora ourensá Manuela Elizabeth Rodríguez gaña a segunda edición do premio Compostela Ilustrada, que hoxe se entregou no Casino de Santiago, cunha ilustración da Rúa do Vilar elaborada o pasado xoves.
Os cabezas de lista das principais forzas políticas dedican a xornada de reflexión previa ao 10N a recoller cogomelos, tomar un vermú ou pasear con compañeiros de partido ou gozar dun magosto, tal e como difunden as propias organizacións ou os candidatos nas súas redes sociais.
Detido un home logo de causar importantes danos nos xulgados de violencia sobre a muller de Vigo. O responsable confesou os feitos ao pouco tempo.
O PSOE denuncia o PP ante a Axencia Española de Protección de Datos polo envío masivo de SMS. Os socialistas argumentan unha "posible vulneración da lexislación de protección de datos" do 1,2 millóns de persoas que recibiron o texto.
A alcaldesa de Moraña, do PP, pide o voto regalando lotería de Nadal. O PSOE denunciou xa os feitos ante a Xunta Electoral e urxe a unha multa exemplar para a rexedora Luisa Piñeiro.
Alarma en Pontevedra por un virulento incendio nun dos estaleiros de Praceres. O lume nun dos barcos da instalacións iniciouse pasadas as 12 da noite, segundo conta Pontevedra Viva.
O xuíz ordena a excarceración de Lula da Silva vinte e catro horas despois de que o Supremo determinase que é inconstitucional que o presidente do Brasil fose enviado a prisión tras ser condenado en segunda instancia e cando aínda non se resolveron todos os seus recursos.
10N | O PP ameaza á web satírica El Mundo today con "accións penais" por facer versións paródicas da súa propaganda electoral. Os populares xa ameazaran cunha demanda a este portal humorístico por outra parodia na campaña das xerais de 2016.
O arquitecto portugués Álvaro Siza, distinguido co Premio Nacional de Arquitectura que concede o Ministerio de Fomento. Obras destacadas de Siza atópanse en Galicia, como o Centro Galego de Arte Contemporánea ou a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.