O PSOE denuncia o PP ante a Axencia Española de Protección de Datos polo envío masivo de SMS. Os socialistas argumentan unha "posible vulneración da lexislación de protección de datos" do 1,2 millóns de persoas que recibiron o texto.
Fálase
A alcaldesa de Moraña, do PP, pide o voto regalando lotería de Nadal. O PSOE denunciou xa os feitos ante a Xunta Electoral e urxe a unha multa exemplar para a rexedora Luisa Piñeiro.
Alarma en Pontevedra por un virulento incendio nun dos estaleiros de Praceres. O lume nun dos barcos da instalacións iniciouse pasadas as 12 da noite, segundo conta Pontevedra Viva.
O xuíz ordena a excarceración de Lula da Silva vinte e catro horas despois de que o Supremo determinase que é inconstitucional que o presidente do Brasil fose enviado a prisión tras ser condenado en segunda instancia e cando aínda non se resolveron todos os seus recursos.
10N | O PP ameaza á web satírica El Mundo today con "accións penais" por facer versións paródicas da súa propaganda electoral. Os populares xa ameazaran cunha demanda a este portal humorístico por outra parodia na campaña das xerais de 2016.
O arquitecto portugués Álvaro Siza, distinguido co Premio Nacional de Arquitectura que concede o Ministerio de Fomento. Obras destacadas de Siza atópanse en Galicia, como o Centro Galego de Arte Contemporánea ou a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
10N | O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, "convida" nun mitin a "meter a man no buzón dos veciños" e "tirarlles ao balde do lixo" as papeletas de Vox porque o seu voto prexudica aos populares. É unha información de Europa Press que a axencia ofrece tamén na súa web e recolle eldiario.es
O derradeiro día da campaña do 10N comeza en Galicia co único debate electoral programado pola CRTVG, para hoxe dende as 10 da mañá. Pódese seguir ao vivo tamén no sitio web da TVG e pola Radio Galega.
PP e Ciudadanos secundan a Vox na petición de que o Goberno de España ilegalice formacións políticas independentistas. Fixérono votando a prol dunha proposición non de lei -non vinculante- do partido de extrema dereita na Asemblea de Madrid, á que só agregaron algunhas emendas.
Persoal de ENCE e transportistas que traballan para a celulosa maniféstanse ante a sede do PSOE en Madrid contra un eventual peche da factoría en Pontevedra. A continuidade ou non da fábrica dependerá de se a Audiencia Nacional considera legal a prórroga concedida polo Goberno de Mariano Rajoy en 2016 para que a pasteira permaneza en Lourizán ata 2073. (Imaxe: CC BY-SA Iván Fernández)