10N | O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, "convida" nun mitin a "meter a man no buzón dos veciños" e "tirarlles ao balde do lixo" as papeletas de Vox porque o seu voto prexudica aos populares. É unha información de Europa Press que a axencia ofrece tamén na súa web e recolle eldiario.es
Fálase
O derradeiro día da campaña do 10N comeza en Galicia co único debate electoral programado pola CRTVG, para hoxe dende as 10 da mañá. Pódese seguir ao vivo tamén no sitio web da TVG e pola Radio Galega.
PP e Ciudadanos secundan a Vox na petición de que o Goberno de España ilegalice formacións políticas independentistas. Fixérono votando a prol dunha proposición non de lei -non vinculante- do partido de extrema dereita na Asemblea de Madrid, á que só agregaron algunhas emendas.
Persoal de ENCE e transportistas que traballan para a celulosa maniféstanse ante a sede do PSOE en Madrid contra un eventual peche da factoría en Pontevedra. A continuidade ou non da fábrica dependerá de se a Audiencia Nacional considera legal a prórroga concedida polo Goberno de Mariano Rajoy en 2016 para que a pasteira permaneza en Lourizán ata 2073. (Imaxe: CC BY-SA Iván Fernández)
A Mesa lamenta que o "desprezo polo galego" de Naturgy poña en risco 130 empregos en Ourense. Naturgy decidiu deslocalizar de vez o servizo de atención telefónica que prestaba desde Galicia.
O Reino Unido rexeita tramitar a euroorde de detención contra a ex-conselleira catalá Clara Ponsatí ao considerala desproporcionada. As autoridades británicas volverán valorala se o xuíz Llarena achega novos datos. É unha información de La Vanguardia (Imaxe: JuntsxCat)
O comité de empresa da CRTVG "esixe" á dirección "emitir o debate electoral do 10N en prime time" e considera "preocupante" a decisión de colocalo en horario matinal. Os representantes dos traballadores únense ás queixas de Defende A Galega, que denunciou o "apagón informativo" dos medios públicos na campaña electoral.
Rouco Varela e os bispos ultras críticos co Papa queren que a Igrexa faga unha declaración política antes das eleccións. Preguntado a pasada semana por Praza.gal polas loitas internas na Igrexa e pola relación co poder civil, o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, pechou filas co Papa Francisco e dixo que “a Igrexa e a sociedade civil son dúas realidades autónomas e independentes”.
Descarrila un vagón do tren da liña FEVE en Cerdido, con dez persoas a bordo que resultaron ilesas, segundo informa o 112. Garda Civil, Bombeiros do Eume e GES de Ortigueira interviron nun suceso que fixo que se interrompese a liña.
A Xunta anuncia un programa de actos polo Nadal en Vigo paralelo ao do Concello pero asegura que non procura "competir" cos previstos polo goberno de Abel Caballero.