A Mesa lamenta que o "desprezo polo galego" de Naturgy poña en risco 130 empregos en Ourense. Naturgy decidiu deslocalizar de vez o servizo de atención telefónica que prestaba desde Galicia.
Fálase
O Reino Unido rexeita tramitar a euroorde de detención contra a ex-conselleira catalá Clara Ponsatí ao considerala desproporcionada. As autoridades británicas volverán valorala se o xuíz Llarena achega novos datos. É unha información de La Vanguardia (Imaxe: JuntsxCat)
O comité de empresa da CRTVG "esixe" á dirección "emitir o debate electoral do 10N en prime time" e considera "preocupante" a decisión de colocalo en horario matinal. Os representantes dos traballadores únense ás queixas de Defende A Galega, que denunciou o "apagón informativo" dos medios públicos na campaña electoral.
Rouco Varela e os bispos ultras críticos co Papa queren que a Igrexa faga unha declaración política antes das eleccións. Preguntado a pasada semana por Praza.gal polas loitas internas na Igrexa e pola relación co poder civil, o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, pechou filas co Papa Francisco e dixo que “a Igrexa e a sociedade civil son dúas realidades autónomas e independentes”.
Descarrila un vagón do tren da liña FEVE en Cerdido, con dez persoas a bordo que resultaron ilesas, segundo informa o 112. Garda Civil, Bombeiros do Eume e GES de Ortigueira interviron nun suceso que fixo que se interrompese a liña.
A Xunta anuncia un programa de actos polo Nadal en Vigo paralelo ao do Concello pero asegura que non procura "competir" cos previstos polo goberno de Abel Caballero.
O Supremo ratifica a expulsión do corpo dun Garda Civil que como árbitro roubou en vestiarios de varios campos de fútbol de Ourense durante varios meses de 2015. A Sala do Militar do tribunal considera adecuada a condena polo dano á imaxe da institución.
Siemens Gamesa, fabricante de aeroxeradores con factoría nas Somozas, anuncia unha redución "de ata 600 empregados de oficinas en todo o mundo" nos vindeiros dous anos. Así o anunciou tras presentar os seus resultados, nos que especifican que "o beneficio neto se duplica, ata os 140 millóns de euros".
A Xustiza desestima o recurso dos Franco contra a comparecencia do Concello de Sada na demanda do Pazo de Meirás, segundo informa a administración local. A familia do ditador tamén recorrera a comparecencia da Xunta, que tamén poderá seguir intervindo no proceso xudicial.
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego subiron en 7.323 en Galicia no mes de outubro, ata as 164.307. Son 5.437 persoas menos que hai un ano. No mesmo mes as afiliacións medias á Seguridade Social caeron en 2.097 persoas, o que implica destrución de emprego. Quedan en 1'03 millóns, 14.252 máis que no mesmo mes de 2018 .Máis información, hoxe en Praza.gal